LEILÍA
Sábado 14 de xaneiro de 2012 ás 21:30h,
Liceo de Noia, Noia (A Coruña)
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación,
a conservación e a transmisión da tradición oral galega.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto,
unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos:
guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional
e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.
Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:
Xoán Porto (guitarra e gaita), Xosé Lois Romero (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).
0 Respuestas hasta ahora:
Sé el primero en comentar esta entrada