ESCÚCHANOS!

https://antares.dribbcast.com/proxy/rcfm?mp=/stream

Buscar en RCFM

"Fake", el nuevo disco de TALABARTE



DATA DE SAÍDA: 18 NOVEMBRO DE 2016


RESERVA XA O DISCO EN ITUNES AQUÍ



 AUTOMATICAMENTE DESCARGARASE O SINGLE "KUUN LAULU" DE REGALO






SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONFERENCIA DE PRENSA + SHOWCASE
18/11/16 12:30pm



Fundación Eugenio Granell
Praza do Toural, 8, 
Santiago de Compostela,
A Coruña



Confirma a túa asistencia: comunicacion@culturactiva.org


TALABARTE, o trío formado por QUIM FARINHA, PEDRO PASCUAL e KIN GARCÍA están preparando o que vai ser o seu segundo disco e que se vai titular FAKE, con data de saida no vindeiro 18 de novembro na tua tenda favorita ou plataforma dixital.

O CONCEPTO: “Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta FAKE, o novo libro-disco de
Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas...

O FORMATO: un libro?, un disco?
FAKE sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide.

Fol Música


0 Respuestas hasta ahora:

Sé el primero en comentar esta entrada