ESCÚCHANOS!

https://antares.dribbcast.com/proxy/rcfm?mp=/stream

Buscar en RCFM

Lela - Gala de Cantigas e Agarimos - A Estrada (Pontevedra) 28/01/2012‏



LELA
unha Gala de... 

CANTIGAS E AGARIMOS

Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21h
Teatro Principal, A Estrada (Pontevedra)

Entrada: de valde.
Organiza: Agadic, Concello de A Estrada



A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor 
á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, 
fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, 
levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.


O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López Veiga, 
puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse

A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras, a peza Serenata de Boticarios, 
máis coñecida co título de Lela.

No ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación 
e cumplíanse 50 anos daquela primeira representación fóra de América da obra de Castelao, 
Cantigas e Agarimos presentou a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, 
no seu día, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega. 

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos 
(coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, 
no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria 
pola nosa historia e as nosas raizames.


0 Respuestas hasta ahora:

Sé el primero en comentar esta entrada