ESCÚCHANOS!

https://antares.dribbcast.com/proxy/rcfm?mp=/stream

Buscar en RCFM

Noticias de los grupos de la discográfica DO FOL MUSICA.


O disco “Sós” de Mercedes Peón entre os mellores do mundo
mercedes peon sos portada

ok.jpgSÓS foi elexido o quinto traballo discográfico mellor do mundo pola prestixiosa World Music Charts Europe.

Un xurado composto 45 críticos de máis de 23 países europeos seleccionan os mellores discos da música étnica do mundo cada ano.


A artista galega, despois de estar dous meses consecutivos como número 1, remata o ano como quinto mellor disco da prestixosa lista.
Neste ano 2012 Mercedes Peón comeza a súa xira Internacional en Estambul econtinúa camiño por Bélxica onde lle espera unha xira de 10 concertos durante o mes de marzo.


DOA  TRASPASA FRONTEIRAS CON “A FRONDA DOS CERVOS”
"A fronda dos cervos" é o único grupo do estado español (World Music) que entra na lista de xanerio do 2012 nas World Music Charts Europe.
portada doa a fronda dos cervos m.jpgMoitos medios de comunicación de toda Europa destacan esta fermosa edición adicada enteiramente á lírica medieval galega.
RNE5 RITMOS ETNICOS CON JOSE MIGUEL LOPEZ
 O grupo DOA coa sua actual formación está preparando unha xira para presentar “A FRONDA DOS CERVOS”
Contratacion: Anton Rodriguez anton@armusica.es

TALABARTE NA “BIBLIA FOLK” FROOTS E SELECCIONADOS PARA A XIRA GPS
FROOTS gosta moito do primerio traballo do rupo TALABARTE, formado polos músicos Pedro Pascual, Quim Farinha e Kim García. Incluindo o ema “ PASACORREOIRAS GORENTOSO” na súa PLAYLIST, que á sua vez programan numerosas radios como a BBC.
talabarte m.jpg
Próximos concertos de TALABARTE na iniciativa “GIRANDO POR SALAS” GPS
Talabarte foi seleccionado de entre as 879 propostas que se presentarion para participar no circuito GIRANDO POR SALAS, unha iniciativa do INAEM en colaboración coa Federación Coordinadora do circuito de músicas populares.
As sesenta propostas seleccionadas finalmente son as que conforman o GPS deste ano.
Talabarte estará nos seguintes lugares:
Sala Zanzibar de Madrid, xoves 16 de Febreiro de 2012. 22:00 horas.
Sala La Campana de los Perdidos de Zaragoza, Venres 17 de febreiro de 2012. 22:30 horas.
Sala Café de las Artes de Santander, sábado 18 de Febreiro de 2012. 22:00 horas.
Sala Café Teatro Avalon de Zamora, xoves 01 de Marzo de 2012. 22:00 horas.
Sala Tarari de Ponferrada, Venres 02 de Marzo de 2012. 22:00 horas.

LEILIA PRESENTA “CONSENTIMENTO”
O grupo Leilia, presenta “ConSentimento” un cuidado e fermoso traballo adicado a todalas mulleres que fixeron e fan posible a creación, conservación e transmisión da tradición oral galega.
web portada consent maiusculas560.jpgPróxima datas
Venres 3 de febreiro
20:30 horas
Teatro Rosalia de Castro
A Coruña
----------
Venres 24 de febreiro
21:00 horas
Auditorio de Galicia
Santiago de Compostla


0 Respuestas hasta ahora:

Sé el primero en comentar esta entrada