DATA DE SAÍDA: 18 NOVEMBRO DE 2016
RESERVA XA O DISCO EN ITUNES AQUÍ
AUTOMATICAMENTE DESCARGARASE O SINGLE "KUUN LAULU" DE REGALO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONFERENCIA DE PRENSA + SHOWCASE
18/11/16 12:30pm
Fundación Eugenio Granell
Praza do Toural, 8,
Santiago de Compostela,
A Coruña
Confirma a túa asistencia: comunicacion@culturactiva.org
TALABARTE, o trío formado por QUIM FARINHA, PEDRO PASCUAL e KIN GARCÍA están preparando o que vai ser o seu segundo disco e que se vai titular FAKE, con data de saida no vindeiro 18 de novembro na tua tenda favorita ou plataforma dixital.
O CONCEPTO: “Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta FAKE, o novo libro-disco de
Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas...

O FORMATO: un libro?, un disco?
FAKE sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide.
Fol Música
0 Respuestas hasta ahora:
Sé el primero en comentar esta entrada