ESCÚCHANOS!

https://antares.dribbcast.com/proxy/rcfm?mp=/stream

Buscar en RCFM

XANTAR´2012 (Orense, Galicia)


A Axencia Galega de Industrias Culturales, AGADIC, organizará por terceiro ano consecutivo un completo programa de música tradicional para amenizar os cinco días de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. AGADIC convertese así nun dos patrocinadores da feira.
Diferentes formacións, dende o cuarteto tradicional, Charangas, e os mellores grupos de música folk galegos, tentarán ofrecer aos visitantes unha completa mostra da cultura tradicional galega, no que á música se refire. O obxectivo final é o de complementar as actividades propias da Feira cunha proposta musical de calidade ao tempo que se divulga e promociona a música tradicional galega.
As actividades desenvolveranse tanto no ámbito de animación da feira con actuacións en acústico dos grupos percorrendo todo o recinto, como nos concertos de escenario apoiados por un equipo de son.
PROGRAMA
Mércores 1 de Febreiro de 2012
13:30 a 15:00 h – 16:30 a 17:30 Animación do Xantar. Abelente21 h – Actuación no escenario. Riobó
Xoves 2 de Febreiro de 2012
13:30 a 15:00 – 16:30 a 17:30 Animación do Xantar. Abelente
21 h – Actuación no escenario. Assembly Point

Venres 3 de Febreiro de 2012
13:30 a 15:00 – 16:30 a 17:30 Animación do Xantar. Ce Orquesta Pantasma.
21 h – Actuación no escenario. Ce Orquesta Pantasma

Sábado 4 de Febreiro de 2012
13:30 a 15:00 – 16:30 a 17:30 Animación do Xantar. A Requinta da Laxeira
21 h – Actuación no escenario. A Requinta da Laxeira

Domingo 5 de Febreiro de 2012
13:30 a 15:00 – 16:30 a 17:30 Animación do Xantar. Abelente



0 Respuestas hasta ahora:

Sé el primero en comentar esta entrada